Martes, 14 de abril de 2020
Bo día a todos e todas!
Xa estamos de volta destas peculiares e atípicas vacacións.
Nesta semana imos abordar as seguintes cuestións relacionadas coa nosa materia e que atoparedes no padlet de Ciencias Naturais: padlet
1. Lectura do artigo de Jacques Costeau.
2. Vídeo acerca da personaxe.
3. Lectura do artigo do Deserto Florido.
4. Vídeo do motivo polo que ocorre este fenómeno.
5. Vídeos acerca dos efectos das persoas sobre o medio natural.
7. Ao remate destas tarefas gustaríame que imaxinedes un espazo natural onde vos apeteza ir despois da corentena e con que persoa ou persoas estar alí. Despois de imaxinalo, quero que plasmedes esa idea nun debuxo tamaño folio (se non tedes folio, nunha páxina de libreta), en horizontal e coas cores que queirades. Teredes que indicar no reverso do debuxo o voso nome, apelidos e curso. Tamén o lugar do que fixestes o debuxo e a/as persoas coas que queredes estar. Podedes debuxarvos alí, pero, non é obrigatorio.
Dame igual que esté feito con ceras, rotuladores...O que me importa é que vos imaxinedes alí. Os pensamentos agradables e positvos son beneficiosos neste tipo de situacións. Cando o teñades feito, sacádelle unha foto e mo mandades ao correo electrónico:
pintor.laxeiro.actividades@gmail.com
Unha aperta moi grande
Paula
Luns, 30 de marzo de 2020
Bos días! Como estades?
Rematamos marzo con forza para seguir na mesma
dinámica no mes de abril. Deixovos un par de lecturas e de actividades
interactivas para que fagades, dende os luns 30
de marzo ata o 3 de abril, porque logo...Logo tedes VACACIÓNS e
aínda que serán algo peculiares, non deixan de ser vacacións!!! Espero que
gocedes moito xogando cos vosos familiares, vendo películas, lendo revistas,
libros... Hai un montón de cousas que facer!!
Agora, mostrovos o dito:
Lecturas recomendadas
Actividades interactivas
O
corpo humano:
Os
animais:
As
plantas:
Unha
apertiña!=)
Moi boas Escolaxeiros!! Como estades?
Actividades
interactivas. Para abrilas tedes que clicar sobre o link ao
tempo que presionades a tecla ctrl.
Aproveitando estes días, deixovos
recomendacións para que vos convertades en
auténticos/as científicos/as.
Primeiro propoñovos un experimento con
auga. Deixo un video de cómo podedes facelo. Despois de velo,
poderedes facer o experimento do que fala, mais sempre
co permiso e axuda
dos vosos maiores.
Experimento:
https://www.youtube.com/watch?v=cvcY8Ewz_jE
Para seguir cos temas científicos, aí
tedes novos experimentos:
Ademais, e repasando o visto ata o de
agora, deixovos ideas para facer:
Unha pirámide alimentaria.
Podedes facer vos mesmos os debuxos ou recortalos de folletos ou
periódicos que teñades na casa.
Para calquera dúbida, podedes deixar
un comentario. Vémonos pronto. =)
Mércores, 18 de marzo de 2020
Ola Ecolaxeiros.
Como sabedes hai moitos tipos de ecosistemas terrestres,
como: os bosques, as praderías e montañas, e os desertos e as estepas.
O mesmo ocorre cos ecosistemas acuáticos, poden ser:
1.
Ecosistemas mariños coma: praias, costas
rochosas ou mar aberto.
2.
Ecosistemas de auga doce: ríos ou lagoas.
Deberedes de buscar información sobre os diferentes tipos de
ecosistemas e logo facer un esquema con toda a información recollida.
Boa ponte! O luns, estamos de volta.
Luns, 16 de marzo de 2020
Boas Ecolaxeiros!!
Dende a área de Ciencias da Natureza déixovos un par de videos sobre os ecosistemas e os tipos
de medios que hai. Despois de
botarlles un ollo, gustaríame que fixerades un debuxo no que se viran tres
animais no medio físico (diferentes ao dos videos e aos do libro) e outros tres
no medio acuático.
Videos:
Ademáis recórdovos
que seguimos coa misión de Salvar a Terra, así que non vos olvidedes de seguir coas brigadas verdes, pero nesta ocasión no
voso fogar.
A comezar o luns con forza =)