lunes, 13 de abril de 2020




Benvidos ao 3º trimestre do curso 2019/2020

            Cómo estades  chicos/as? Os vosos profes, Marta, Alba, Esther, Paula, Montse, Tamar, Natalia e Lucas lémbranse moito de vós. 
      Esperamos que  esteades todos  ben  xunto coas vosas familias.
      Estamos a pasar unha situación moi complicada e coa axuda de todos/as  conseguiremos sair dela.
      Como xa vos adiantamos seguiremos traballando desde casa. Esta semana seguiremos desde o blog. A partir da próxima, xa pasaremos  a ter como ferramenta de traballo a Aula virtual. Ao longo do venres recibiredes por Abalar as contrasinais para o seu acceso. Tamén enviaremos as  claves para que teñades os libros virtuais.
      Para calqueira aclaración ou dúbida con respecto á organización do traballo estamos dispoñibles a través do teléfono do cole.
             
MOITO ÁNIMO E A POR TODAS !!!

viernes, 3 de abril de 2020

Vacacións de Semana Santa


Queridos alumn@s,

Hoxe comezamos as vacacións de Semana Santa, que como imaxinades van ser unas vacacións especiais, xa que todos estaremos na casa. #quedanacasa 

Intentar aproveitar estos días para facer cousas que habitualmente non podedes: axudar na cociña, facer un pouco de exercicio, facer vídeo chamadas aos votos seres queridos e amig@s, dedicar momentos á lectura, visitar museos ou ver actuacións como as que ofrece o Teatro Bolshoi de Moscú. 

A continuación os deixamos uns links para que poidades acceder a estas interesantes actividades:




Horario
04.04 - Marco Spada
07.04 - Boris Godunov
10.04 - El Cascanueces



Queremos aproveitar esta ocasión para mandar un beso e un abrazo moi forte a nosa familia de 5º de Eduación Primaria.

Vémenos á volta con moitas novidades!!

Con moito agarimo, 

As vosas Tutoras

Marta e Alba


lunes, 30 de marzo de 2020

Os enlaces sobre reciclaxe e sostenibildade vos esperan no apartado de Ecolaxeiros. 
Aproveitade para traballalos en familia.

Hola Ecolaxeiros, que tal estades?

Comezamos unha semana máis con moita enerxía e ilusión.

Lembrade organizar ben o voso tempo:
·      Axudar nas labores de casa.
·      Manter as vosas cousas ordenadas.
·      Facer as tarefas do cole.
·      Xogar en familia.
·      Facer algo de exercicio físico.
·      Ler  




lunes, 23 de marzo de 2020

Cómo imos Ecolaxeiros de 5º?

Organizade ben o voso tempo:
·      Axudar nas labores de casa.
·      Manter as vosas cousas ordenadas.
·      Facer as tarefas do cole.
·      Xogar en familia.
·      Facer algo de exercicio físico.
·      Ler  

viernes, 13 de marzo de 2020

INSTRUCIÓNS POLO PARÓN DO CORONAVIRUS

Estimadas familias:


Seguindo as instrucións da Consellería en relación a esta situación de emerxencia o profesorado publicará actividades relacionadas cos contidos curriculares que o alumnado debe realizar na súa casa, a través dun ordenador, tablet ou móvil.



O blog de cada nivel educativo incluirá acceso a todas as materias onde se atopan as diferentes tarefas.


Apelamos á responsabilidade dos pais/nais e titores/as e valoramos moi positivamente a súa colaboración durante este inusual período.
Moitas grazas,

Un saúdo